“MANIFESTO BÁSICO POLA DEFENSA DA RTVG. Contra a censura e a marxinación da música galega” é unha iniciativa do portal web Komunikando.net que xorde como necesidade de denunciar a censura no ente público como consecuencia da destitución de Xurxo Souto e do cambio de modelo do seu programa, Aberto por reformas.
Os Curriolos da Pescaría unímonos a esta causa e asinamos o seu manifesto, que, logo dunha semana no web, xa acadou máis de 1200 sinaturas persoais, case 50 grupos e máis de 70 asociacións do país. Podes ler e apoialo nesta ligazón
O 1 de maio, os Curriolos, en colaboración coa Asociación Tempo novo, realizaremos en San Vicenzo de Elviña a I Xornada da Tradición. Acode, estás convidado!
![]() |
| De Curriolos |
Os Curriolos da Pescaría estamos no Fecebook (ou feibul, se o prefires). A que agardas para te apuntares?
Este sábado, Os Curriolos da Pescaría colaboramos, xunto con Siareir@s Galeg@s e o Concello da Coruña, na organización da “previa” do partido que a Selección Nacional Galega xogará n’A Coruña.
Entre as actividades máis salientables que terán lugar o sábado antes do partido, pecharase a rúa do Orzán dende as 16:00 h e haberá un pasa-rúas co cuarteto de gaitas da Gentalha do Pichel e con dous regueifeiros bergantiñáns. Posteriormente, dende o Campo da Leña, partirá a manifestación que convocan @s Siareir@s Galeg@s para demandar a oficialidade da nosa selección e que poida competir a nivel internacional.
Vémonos, daquela, o sábado a partir das 16:00 h !
O pasado mércores, Os Curriolos da Pescadería foron un dos protagonistas do programa Aberto por reformas da Radio Galega, que conduce Xurxo Souto, e que foi emitido en directo desde A Cova Céltica. Nesta ligazón podedes escoitar o programa, onde actuou o grupo coruñés Duplo Son e o noso compañeiro Brais Maceiras.












