nov 07
O próximo luns 12 de novembro a partir das 20.30 horas n’A Cova Céltica o historiador e membro da Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, Eliseo Fernández, impartirá unha conferencia co título: ‘Unha historia esquecida: o anarquismo coruñés’. Na devandita conferencia, Fernández falará sobre o movemento anarquista coruñés, que tivo o seu centro neurálxico no barrio de Monte Alto, e que foi fortemente reprimido pola ditadura franquista.
nov 05
Os Curriolos da Pescadería celebramos o pasado mércores 31 o Samaín (Festa das Caliveras, das Cabazas ou dos Calabazotes, como queirades chamarlle). Aí están Brais e Riaño con dúas das cabazas gañadoras do concurso. Houbo castañas, festa e bo ambiente. Esperámosvos o ano que vén para outra nova celebración desta festa tradicional en Galicia que volve recuperarse logo de anos da invasión do Halloween. Apertas!

Estas son algunhas das cabazas expostas antes de comezar a festa.

Unha das cabazas finalistas

A cabaza gañadora