Este sábado, Os Curriolos da Pescaría colaboramos, xunto con Siareir@s Galeg@s e o Concello da Coruña, na organización da “previa” do partido que a Selección Nacional Galega xogará n’A Coruña.
Entre as actividades máis salientables que terán lugar o sábado antes do partido, pecharase a rúa do Orzán dende as 16:00 h e haberá un pasa-rúas co cuarteto de gaitas da Gentalha do Pichel e con dous regueifeiros bergantiñáns. Posteriormente, dende o Campo da Leña, partirá a manifestación que convocan @s Siareir@s Galeg@s para demandar a oficialidade da nosa selección e que poida competir a nivel internacional.
Vémonos, daquela, o sábado a partir das 16:00 h !

