xun 12

O martes 23 de xuño, os Curriolos organizaremos a nosa tradicional festa do San Xoán. Dende as 20:00 h haberá sardiñas, churrasco, cervexa e viño a prezos populares e toda a festa que precisedes, desexedes e organicedes!

Vémonos, como sempre, na Cova Céltica (rúa do Orzán 82).

xun 12

MANIFESTO BÁSICO POLA DEFENSA DA RTVG. Contra a censura e a marxinación da música galega” é unha iniciativa do portal web Komunikando.net que xorde como necesidade de denunciar a censura no ente público como consecuencia da destitución de Xurxo Souto e do cambio de modelo do seu programa, Aberto por reformas.

Os Curriolos da Pescaría unímonos a esta causa e asinamos o seu manifesto, que, logo dunha semana no web, xa acadou máis de 1200 sinaturas persoais, case 50 grupos e máis de 70 asociacións do país. Podes ler e apoialo nesta ligazón