Out 17

Presentación dos Curriolos

Sen clasificar Comentarios desactivados en Presentación dos Curriolos

O pasado xoves 13 de outubro tivo lugar a presentación da Peña Deportivista Os Curriolos, que contou coa presenza de Juan Domínguez e de Rochela.

Nesta galería podes ver as fotos máis destacadas do evento.

Out 13

Nace unha nova peña deportivista: Os Curriolos

Sen clasificar Comentarios desactivados en Nace unha nova peña deportivista: Os Curriolos

O acto de presentación terá lugar este xoves 13 de outubro a partir das 20.30 horas no local social da sede: a Cervexaría A Cova Céltica (rúa do Orzán 82, A Coruña)

O próximo xoves 13 de outubro a partir das 20.30 h, a cervexaría A Cova Céltica acollerá o acto de presentación dunha nova agrupación deportivista, que nace co nome de Peña Deportivista os Curriolos da Pescaría. Os padriños deste acto de presentación serán Juan Domínguez e David Rochela.
A peña Os Curriolos nace cunha clara aposta de recuperación dos valores do deportivismo, a defenda da nosa canteira e, sobre todo, a ligazón do noso equipo coa realidade e mais a cultura galegas. Os obxectivos son, pois, para alén de apoiar o club sempre que for posíbel alá onde vaia, defender a necesaria e mesmo até agora inexistente galeguización do club na súa vida social e apostarmos polos xogadores de noso, ambas realidades que, por desgraza, foron abandonadas nos últimos anos.
No acto de presentación da Peña, Os Curriolos tamén se adherirán á iniciativa Por un Dépor en Galego, unha campaña iniciada por socios e socias do Real Club Deportivo da Coruña que pretende que o noso equipo comece a usar o galego de forma pública.