Nov 04

Os Curriolos no Momento coruñento de Xurxo Souto

Sen clasificar Comentarios desactivados en Os Curriolos no Momento coruñento de Xurxo Souto

O pasado xoves 3 de novembro, Xurxo Souto dedicou o seu espazo en La Ventana de Radio Coruña a falar da iniciativa Por un Dépor en Galego. Esta iniciativa, xurdida en Galegolab, procura a adaptación do RCD á realidade dos seus seareiros: o uso do galego.

Os Curriolos sumámonos a esta iniciativa desde o noso comezo. Ademais, no partido do 29 de novembro en Riazor, membros da peña repartiron os folletos desta campaña.

Deixámosvos o audio desta intervención. Falou Xurxo, e falou ben