Nov 14

A Peña Deportivista Os Curriolos e a Peña Deportivista do Grove desmárcanse do comunicado da Federación de Peñas Deportivistas que emitiu hoxe na súa páxina de Facebook.

Membros de ambas as peñas asistiron á reunión que tivo lugar onte no Estadio de Riazor, onde expresaron, como moitas outras peñas, as súas impresións sobre a situación actual que vive o Real Club Deportivo da Coruña.

Con todo, en ningún momento demos o noso apoio o que alí se dicía e tamén en ningún momento se nos pediu votación. É máis, expresamos que non viamos sentido aos ataques a ningún medio de comunicación e tamén esiximos as explicacións, de xeito claro e contundente, das contas por parte da directiva que xulgamos que, até agora, non se deu.

Pensamos que en ningún caso se pode explicar a situación actual que vive o Real Club Deportivo da Coruña facendo mención única e exclusivamente a medios de comunicación. Se tanto se está a presumir de ter os mellores seareiros da Liga, ambas as peñas sentímonos desprezadas polo noso equipo xa que fomos os que cada xornada imos a Riazor e cada ano pagamos os nosos abonos os últimos en sermos conscientes dunha situación que, ao mesmo tempo, non está o suficientemente clarificada. Xogadores, corpo técnico, demais persoal e achegados, directiva coñecen unha situación que nós tivemos que saber (talvez mal) pola prensa.

Expresemos o noso malestar aos nos incluír no comunicado da Federación de Peñas Deportivistas nunha “unanimidade” que non é real e que, como demostramos ambas as peñas con este comunicado, non se deu.

Con todo, tamén queremos salientar o noso apoio a todo o plantel, corpo técnico e demaís familia deportivista nesta situación e sumármonos a todas as accións que teñan por obxectivo unir esforzos para superar este momento.

Por último, aproveitamos tamén a oportunidade para convidar á Federación de Peñas a que empregue tamén o galego nos seus comunicados, para o que lle ofrecemos o noso apoio e asesoramento, e tamén a que se sume á campaña Por un Dépor en galego.

Comments are closed.