Feb 06

  • Juan Carlos marcha cedido ao Huesca. Sae como suplente e, aos cinco minutos de saír do banco, marca gol.
  • Seoane marcha cedido ao Córdoba, onde debuta nada máis chegar como titular nun partido en que o seu equipo queda co marcador a 0.

Moitos viron na súa saída a oportunidade para rodarse como futbolistas xa que non estaban maduros para xogaren co noso equipo. Unha rodaxe e adaptación que non precisaban, en cambio, un xogador que procede da competitiva liga Húngara despois do seu paso pola competitiva liga chipriota, outro que non tivo case minutos nunha temporada e media en España e un outro cos seus últimos minutos como profesional.

Estes foron os tres grandes reforzos de inverno que saíron da chisteira de Mendes. A culpa non é deles por non teren nin compromiso co club (acaban de chegar) nin por non saberen que significa o Dépor. Talvez teñan culpa por seren malos, pero máis culpa ten quen os ficha.

Desde aquí pedimos a dimisión da actual secretaría técnica do Dépor ocupada “de facto” por Jorge Mendes. Non é a única opción para crearmos o plantel actual: e a opción que se elixiu prescindindo da nosa xente. Porque se temos que loitar co noso presente, o descenso, fagámolo con aqueles que van ser o noso futuro. Alguén o dubida?

Comments are closed.