Quen somos?

Os Curriolos da Pescaría formámonos como Asociación Sociocultural e Recreativa en abril de 2007.  Creámonos dentro dun grupo de xente cun obxectivo común que é o de activarmos a cultura galega e as prácticas deportivas dentro do noso contorno.

Co paso do tempo, o noso elo de unión acabou por impulsar un novo xiro na nosa asociación: crearmos a Peña Deportivista Os Curriolos, en outubro de 2011. A nosa peña naceu co compromiso firme non só do noso apoio ao RCD A Coruña, senón tamén demandarmos unha progresiva galeguización do equipo, xa sexa formal e na súa práctica habitual, senón tamén no impulso da nosa canteira como referente do plantel do primeiro equipo.

Queremos convidarvos a que participedes na nosa idea e que con este blogue poidades contactar connosco.